Aquí está o resultado! Un poema con propostas curiosas e moi relacionadas coa gastronomía. Espero que vos guste tanto como a min e que non deixedes de crear poemas...
sábado, 22 de marzo de 2014
xoves, 20 de marzo de 2014
CELEBRAMOS O DÍA DA POESÍA
Mañá, 21 de marzo, celébrase o Día Internacional da Poesía.
Recién inaugurada a primavera, que vos parece se nos deixamos inspirar por ela para escribir un poema entre todos?
Recién inaugurada a primavera, que vos parece se nos deixamos inspirar por ela para escribir un poema entre todos?
Rosiña, contemplando as fermosas camelias do noso cole, emocionouse e escribiu o comezo dunha poesía que quere que nós continuemos. Aquí vos vai:
Hoxe é o Día da Poesía!
Que cousas podemos facer
para celebrar tal día?
Ler a nosa Rosalía,
...
A Rosiña gustaríalle que cada grupo aportara un ou dous versos para ir completando o poema. A clave está en buscar palabras que rimen con "poesía" e con elas construír os versos.
Unha vez rematados, crearemos unha ilustración para acompañalos.
Poetas e poetisas, mans á obra!
Etiquetas:
día da poesía
mércores, 19 de marzo de 2014
DÍA DO PAI
Hoxe celebramos o Día do Pai amosándovos algúns dos nosos traballos...
e recomendándovos algunha lectura para un día tan especial
e recomendándovos algunha lectura para un día tan especial
En los hombros de Papá
Manuela Monari
Editorial Imaginarium
Mi papá preferido del mundo
Gina Samba
Editorial La Galera
Las manos de papá
Èmile Jadoul
Editorial Corimbo
Días de hijo
Philip Waechter
Editorial Lóguez
Todos los viernes
Dan Yaccarino
Editado por Intermon Oxfam
La caja de papá
Alain de Saux
Editorial Corimbo
Pero papá...
Mathiu Lavoie
Editorial Juventud
Mi papá me mima: peripecias de un papá en apuros
Patxi Irurzun
Ediciones B
Etiquetas:
Día do Pai,
recomendacións de lectura
MAPAS APETITOSOS
Ola rapaces!!
Jose Ramón, o pai de Nuria Esperante de 4º, acaba de facernos chegar este fermoso material que queremos compartir con todos vós. Estamos seguros de que vos vai a encantar pois está directamente relacionado coa temática do Proxecto Integrado deste ano: "Papacontos, zampalibros".
Veredes!
Varios artistas participaron nun proxecto para recrear mapas dalgúns países cos alimentos típicos de cada rexión. O resultado é visualmente impresionante e apetitoso.
Os responsables deste proxecto son Caitlin Levin e Henry Hargreaves, dous apaixonados das viaxes. No vídeo podemos comprobar como conseguiron facer estas montaxes, e na galería inferior o resultado en imaxes.
Como podedes comprobar, souberon elixir algúns dos alimentos máis característicos de cada rexión: de Francia o queixo, de América do Sur os cítricos, de Italia o tomate...
A gastronomía é un dos grandes praceres do ser humano, así que, DISFRUTÁDEO!!
Grazas José Ramón pola túa colaboración e polas seguintes!!
Grazas José Ramón pola túa colaboración e polas seguintes!!
Etiquetas:
gastronomía,
Papacontos Zampalibros,
proxecto integrado
venres, 14 de marzo de 2014
VISITA AO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA: COCIÑANDO CONTOS
Neste curso estamos a traballar nun proxecto integrado chamado PAPACONTOS ZAMPALIBROS que xira entorno a Gastronomía e a alimentación. A este tema tamén se dedica tamén o XV Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra COCIÑANDO CONTOS.
Como xa vimos facendo dende fai uns anos, os alumnos de 2º e 3º ciclo de Primaria viaxaron ata Pontevedra para visitar o Salón acompañados dun guía que lles amosou todos os stands e animou a participar en todas as actividades alí planteadas.
Ademáis asistiron ao espectáculo "A casiña de chocolate" unha narración con música ao vivo (coa participación da Orquesta Filarmónica Cidade de Pontevedra) e posta en escena con tres actores do conto de Hansel e Gretel de OQO Editora. Espectáculo inédito do que só se pode gozar no Salón do Libro.
Pola tarde desprazámonos ata Cambados para visitar unha cetárea de mariscos: MARISCOS VEIRO onde aprendimos unha chea de cousas sobre o procesado de mariscos.
Aquí tedes as fotos da visita:
sábado, 8 de marzo de 2014
8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Hoxe celebramos o Día da Muller Traballadora.
Evolución do papel da muller a través das películas das princesas Disney
Evolución do papel da muller a través das películas das princesas Disney
Publicade sexista en televisión
Etiquetas:
día da muller traballadora
xoves, 6 de marzo de 2014
ENTROIDO
O venres 28 de febreiro, celebramos o ENTROIDO no cole.
A temática elixida este ano é a mesma que a que escollemos para o noso proxecto integrado PAPAPACONTOS ZAMPALIBROS que xira entorno ao tema da gastronomía.
Todos e todas no colexio nos disfrazamos de COCIÑEIROS e COCIÑEIRAS e fixemos un pequeno desfile ademáis de cantar unha canción.
Logo xogamos coas piñatas coma todos os anos. Tamén había unha para os pais e outra para os profes.
No comedor disfrutamos dunha chea de larpeiradas de Entroido que todos fomos traendo das nosas casas.
Queredes ver o guapos e guapas que estabamos??
Olvidábasenos contar que durante toda a semana pasada os rapaces e rapazas do cole estiveron obedecendo os MANDADIÑOS DO MECO
- O luns 24 tiveron que traer un mandil
- O martes 25 tiveron que traer o mandil e máis un trapo de cociña na cintura
- O mércores 26 tiveron que traer o mandil, o trapo de cociña e máis un mostacho
- O xoves 27 tiveron que traer o mandil, o trapo de cociña, o mostaño e un paniño na cabeza.
Etiquetas:
Entroido 2014,
Papacontos Zampalibros,
proxecto integrado
venres, 21 de febreiro de 2014
IMOS DE CONCERTO: PEDRO E O LOBO
Hoxe, venres 21 de febreiro, os alumnos e alumnas de Educación Infantil e 1º Ciclo viaxamos a Santiago para asistir ao concerto PEDRO E O LOBO de Sergei Prolofiev no Auditorio de Galicia. Na obra participaron a REAL FILARMONÍA DE GALICIA e o grupo de títeres PERC POC.
Tamén visitamos a exposición "Maside en Compostela" no Centro Cultural Novacaixagalicia, onde participamos nunha actividade para nenos titulada "Sons dunha campá chamada Berenguela"
Aquí podedes ver as fotos da saída :
Agora que xa coñecedes a historia de Pedro e o lobo que tal se agora a lemos??
Pedro y el lobo
Pepe Maestro
Editorial Edelvives
Pedro y el lobo
Miguelanxo Prado
Norma Editorial
Pedro y el lobo (libro +CD)
Colección La mota de polvo
Editorial Agruparte.
E para rematar... que vos parece ver a historia agora en debuxos animados
Etiquetas:
concerto didáctico,
Maside,
obradoiros,
Pedro y el lobo,
pintores,
saídas didácticas
venres, 14 de febreiro de 2014
DÍA DOS NAMORADOS
Hoxe celebramos o DÍA DOS NAMORADOS!!
E imos celebralo cunha RECEITA moi especial xa que este curso estamos co proxecto sobre a gastromía: PAPACONTOS ZAMPALIBROS. Esperamos que vos guste.
...COMO SE COCIÑA UN BICO
por Madame Bechamel
Para cociñar un bico fai falta unha cociña alegre, que ula a limpo, cantar un pouco.
Que teña os mobles máis ou menos ordenados para que así caiban máis sorpresas e desorde, e caixóns de segredos que conteñan tipos distintos de amor, de mil sabores, ademais de frascos, especias orientais, pucheiros e culleres.
Ah! E as ventás abertas: algo de aire ou mirar un anaco de ceo favorecen a sensación de liberdade.
Escoitade as tixolas mentres friten, garfos e coitelos que rin facendo esgrima nos morteiros, olas exprés que asubían forte cando o bico xa está listo para ser dado ou recibido.
-Que aproveite!-berran a beixadores e chuchados.
- Saúde!- brindan copas e vasos.
Os bicos deben ser preferiblemente sinceros e de tempada, que potencien o sabor e a textura do afecto. E para que non quede un bico cru, Bechamel pide paciencia pois todo a lume lento gaña en sabor e aroma.
Recoméndase un sorbete de limón para dixerir os empachos que provoca o ridículo e rebozado.
E para enganar ao estómago cando hai fame, permítese picotear da memoria os bicos que algunha vez foron e da imaxinación os bicos que serán (ou talvez non).
Esta receita procede dun libro moi especial titulado Besos que fueron y no fueron de Roger Olmos y David Aceituno, publicado na Editorial Lumen. A traducción ao galego e nosa. O libro podedes atopalo na nosa biblioteca.
Esperamos que este pequeno regaliño fose do voso gusto e que poidésedes disfrutalo.
A biblioteca tamén quere celebrar este fermoso día, cunha GUÍA DE LECTURA na que vos recomenda unha morea de libros moi "amorosos". Botádelle unha ollada porque estamos seguros de que atoparedes unha chea de libros que estaredes tolos por ler.
A biblioteca tamén quere celebrar este fermoso día, cunha GUÍA DE LECTURA na que vos recomenda unha morea de libros moi "amorosos". Botádelle unha ollada porque estamos seguros de que atoparedes unha chea de libros que estaredes tolos por ler.
E para rematar este fermoso día, outro regaliño moi especial:
Dende o CPI de Mondariz, chéganos esta fermosa aportación: a Historia de Crocodilo namorado nas voces dos alumnos de 3 anos.
Etiquetas:
Animación á lectura,
día dos namorados
xoves, 13 de febreiro de 2014
BICOS DE LIBRO
Algo pasa!!!
A xente anda algo nerviosiña estes días...!!
Ahhh!!
Claro!!
Mañá é o DÍA DOS NAMORADOS!!
Un día moi importante! Non si ?
Pola biblio tamén estábase "cocendo" algo.
E vos diredes...Claro!! Como esta ano andamos a voltas co tema da gastronomía, de seguro que algo "cociñan" tamén pola biblio. A Rosiña está preparando algunha receita caseira...
Pois si!!! Estabamos cociñando BICOS!
BICOS DE LIBRO!
Estamos seguros de que vos van a encantar. Están riquísimos!
Botádelles unha ollada xa veredes como vos van a apetecer unha chea deles!
Que aproveite!
Etiquetas:
Animación á lectura,
día dos namorados,
Guias de lectura
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




















