O venres 28 de febreiro, celebramos o ENTROIDO no cole.
A temática elixida este ano é a mesma que a que escollemos para o noso proxecto integrado PAPAPACONTOS ZAMPALIBROS que xira entorno ao tema da gastronomía.
Todos e todas no colexio nos disfrazamos de COCIÑEIROS e COCIÑEIRAS e fixemos un pequeno desfile ademáis de cantar unha canción.
Logo xogamos coas piñatas coma todos os anos. Tamén había unha para os pais e outra para os profes.
No comedor disfrutamos dunha chea de larpeiradas de Entroido que todos fomos traendo das nosas casas.
Queredes ver o guapos e guapas que estabamos??
Ningún comentario:
Publicar un comentario