Mañá temos unha saída. Imos ir a plantar árbores. Castiñeiros, en concreto. Así que hai que investigar ben como se planta unha árbore.
A biblioteca, como a sempre, envíanos unha pequena axuda. Un texto coas instruccións para ser uns expertos plantadores de árbores e un vídeo que tamén nos pode axudar.
Este ano tivemos UN ENTROIDO NO BOSQUE. Pasámolo ben verdade??
Xa tedes á vosa disposición as presentacións de fotos do Entroido. Xa non é sen tempo verdade?? É que Rosiña andivo un pouco enfermiña e non lle dera tempo a preparalas.
Disfrutádeas!!! Estábades todos "juapísimos". Pincha no teu curso!!
Dentro do Proxecto Integrado "Sementando bosques de palabras" no que estamos inmersos este ano, fai xa uns días recibimos unha sorpresa moi especial:
Chegounos, a través do correo electrónico, o enlace a este video, enviado por profesor de ensino secundario: JOSE ROBERTO FERNÁNDEZ. Foi el mesmo, xunto con outra compañeira MERCEDES CEBRIÁN, quenes dirixiron e elaboraron este fermoso vídeo.
Non os coñecemos, pero dende aquí queremos darlles a enhoraboa por un vídeo tan fermoso e especial para nós e agradecerlles o detalle de enviarnos o enlace.
Sacarémoslle moito partido, verdade rapaces???
Pinchade na imaxe para velo:
Tamén está dispoñible na nosa páxina de recursos sobre os bosques, na sección de VIDEOS E DOCUMENTAIS.
Hoxe celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. É un día moi especial no que conmemoramos a loita das mulleres pola súa participación na sociedade en igualdade de condicións que os homes e polo seu desenvolvemento íntegro como persoas.
A biblioteca do noso cole quere colaborar poñendo á vosa disposición unha Recompilación de recursos que elaborou co gallo deste día e co que pretendemos facilitar aos nosos mestres e aos nosos alumnos o seu traballo e aprendizaxe entorno a un tema tan importante como a igualdade real entre homes e mulleres nos ámbitos laboral, social e político.
Pincha no logo para acceder
Os rapaces estiveron traballando entorno a figura de varias mulleres importantes na historia e elaboraron uns carteis que logo colgamos na cocheira da biblioteca. Aquí tedes algunha foto do seu traballo.
Esta semana o noso Meco comezou a enviarnos os seus mandadiños:
- Luns: traer algo na cabeza
- Martes: traer algo na cara
- Mércores: traer algo no pescozo
- Xoves: traer todo o dos días anteriores e máis un mandil.
- Venres: Viremos todos con disfraces relacionados coa temática do bosque, pois é o tema principal no noso Proxecto Integrado deste ano " Sementado bosques de palabras"
Para traballar nas aulas deixámosvos aquí dúas recompilacións de recursos que nos gustan moito e que imos disfrutar para celebrar estas festas:
E dende o blogue O Recanto de Mik do C.E.I.P. Mestres Goldar de Vigo, chéganos outra das súas proveitosas recolleitas de recursos esta vez sobre o Entroido. (Pincha onde o paiaso). Grazas polo voso traballo compañeiros!
Eres o que máis sabe sobre estas festas?? Compróbao nesta Busca do Tesouro sobre o Entroido Tradicional Galego.
O día 12 de febreiro faleceu aos 85 anos de idade, D. Germán Sánchez Ruipérez, fundador do grupo Anaya e de Edicións Xerais de Galicia (co seu socio Xulián Maure). Era un home que estaba moi ligado ao mundo da educación, da lectura e da cultura. En 1981 fundou a instución que leva o seu nome: a FUNDACIÓN GERMÁN SÁNCHEZ RUIPÉREZ, dedicada á actividade educativa e cultural e centrada na difusión e extensión da cultura do libro e da lectura. Os seus proxectos teñen como obxectivos promocionar o acceso ao dereito á lectura, a experimentar con novas formas de lectura e novos modelos de xestión da biblioteca e do traballo cos contidos na educación.
Coa morte de Germán Sáenche Ruipérez, a cultura e a educación perden a un dos seus grandes mecenas e valedores do último medio século. Así o reseñan tanto en España como no estranxeiro, personalidades dos ámbitos da cultura, a educación, a política, a economía, os medios de comunicación social, os seus amigos, e todos aqueles que o lembran como o creador de Anaya, editorial cuios libros de texto foron e son empregados nas ecolas por xeneracións de escolares.
Mañá celebramos o Día dos Namorados e aínda que todos andamos un pouquiño agobiados confeccionando os nosos disfraces, Rosiña non quere que pasedes por alto un día tan especial como este. O amor enche as nosas vidas e as fai máis doadas e fermosas e queremos celebrar este día cunha exposición de libros que falan de tenrura, de amizade, de pasión, de agarimos, de bicos, de confidencias, de confesións...
Buscade o voso libro "especial" na exposición que preparou Rosiña para vos.
E para inspirarvos un pouquiño deixámosvos tamén uns videos que de seguro ides a disfrutar moito e aos que tamén lles podedes sacar moito proveito na clase.
O primeiro trata do amor entre "insectos". Siiiiiiiii, os insectos tamén poden namorarse. Este vídeo será moi útil para os rapaces e rapaces de 4º curso que están investigando sobre a vida dos insectos. Titúlase "Historia de amor"
E este outro, está dedicado a todo aquel que se sinta "locamente" namorado de esa persona tan especial que fai que a nosa vida sexa realmente emocionante!!
Biquiños namorados para todos!!
venres, 10 de febreiro de 2012
Os nosos rapaces e rapazas de 2º están traballando nun PROXECTO DOCUMENTAL SOBRE AS AVES DO BOSQUE. A nosa Rosiña, desde a biblioteca, deixoulles moitos libros sobre os paxaros pero ahora tamén quere recuperar para eles unhas curtametraxes de Disney que de seguro lles van a encantar.
Trátase de dúas curtametraxes animadas da colección Silly Symphonies producida por Walt Disney entre 1929 e 1939.
A primeira curta está en blanco e negro e é do ano 1931 e titúlase "Paxaros de diferente plumaxe".
Na 2ª curta xa se introduxo a cor. É de 1933 e titúlase "Paxaros en primavera".
E para rematar un video máis. Este xa é mais moderno, do ano 2000, pero tamén é de Disney, en concreto de Disney Pixar. Titulase "Para las aves". De seguro, vois ides rir moito con el.
O día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz no noso cole cunha chea de actividades:
Pola mañá visionamos varias películas e vídeos:
Infantil traballou o vídeo basado no libro "Wangari e as árbores da Paz".
O 3º Ciclo visionou e traballou a película "Azur e Asmar" baseada no libro do mesmo nome. (pincha na imaxe para vela)
Despois todos os rapaces do cole escribiron os seus desexoS de paz en pequenas pombiñas de papel e con elas fixemos "A ÁRBORE DOS NOSOS DESEXOS DE PAZ".
Quedounos fermoso verdade??
Para finalizar saímos ao patio a cantar e bailar unha canción titulada " Camiño de Viseu". Para rematar un representante de cada clase compartiu con todos nós o seu desexo de Paz ao micrófono e logo soltamos unhas fermosas pombas que os levaxen moi lonxe.
E aquí tedes o video resumo de este día tan especial para nós.
A biblioteca tamén puxo á nosa disposición unha exposición de fondos relacionados co tema da Paz.
Os nenos e nenas de Infantil están preparando coa súa profe un proxecto sobre os lobos e a biblio quere enviarlles un contiño para traballar na HORA DE LER. Titúlase: O estufado do lobo.
Enviámoslles o texto para que lean coa súa profe e tamén un video para ver despois.