mércores, 15 de febreiro de 2012

XA ESTAMOS DE ENTROIDO

Esta semana o noso Meco comezou a enviarnos os seus mandadiños:

- Luns: traer algo na cabeza
- Martes: traer algo na cara
- Mércores: traer algo no pescozo
- Xoves: traer todo o dos días anteriores e máis un mandil.
- Venres: Viremos todos con disfraces relacionados coa temática do bosque, pois é o tema principal no noso Proxecto Integrado deste ano " Sementado bosques de palabras"
Para traballar nas aulas deixámosvos aquí dúas recompilacións de recursos que nos gustan moito e que imos disfrutar para celebrar estas festas:
Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística comparte connosco este interesante enlace cheo de recursos para o Entroido (pincha no peliqueiro).

E dende o blogue O Recanto de Mik do C.E.I.P. Mestres Goldar de Vigo, chéganos outra das súas proveitosas recolleitas de recursos esta vez sobre o Entroido. (Pincha onde o paiaso). Grazas polo voso traballo compañeiros!

 Eres o que máis sabe sobre estas festas?? Compróbao nesta Busca do Tesouro sobre o Entroido Tradicional Galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario