luns, 21 de febreiro de 2011

GUIA DE AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Aquí tendes a Guía dos Axudantes da nosa biblio.


E tamén o CONTRATO que deben firmar para ser AXUDANTES.

xoves, 17 de febreiro de 2011

BUSCAMOS AXUDANTES DE BIBLIOTECA


Preme aquí para abrir a SOLICITUDE

venres, 11 de febreiro de 2011

LECTURAS CON CORAZÓN

E aquí tedes a nosa Guía de lecturas do San Valentín. Chámase LECTURAS CON CORAZÓN.

Agora tan só falta que elixades o voso libro máis e que o disfrutedes con todo o corazón.

UN POLBO NAMORADO

Como estamos a traballar o tema do Mar, na biblio onte fomonos todos a visitar o ACUARIO DA CORUÑA e algúns dos nosos rapaces din que viron un polbo que andaba un pouco nervioso. Estaría namorado???.
Será este o polbo que vístedes??


CONCURSOS POR SAN VALENTÍN

Dende o C.P.I. da Baña chegounos a idea de organizar uns concursos por San Valentín.
O concurso "E ti, a quen queres máis? está dirixido aos nenos e nenas de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria. É un concurso de debuxo así que xa sabedes rapaces!!! Manos á obra!!! A ver cantos Picasos temos en San Cosme.


O Concurso "Declaracións de amor con Humor" está dirixado aos alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Primaria. Aquí xa hai que esmerarse coa literatura. Teremos algún Lope de Vega por San Cosme?? Ímolo ver. Veña rapaces pensade en quen vai a ser a vosa inspiración!!!

EXPOSICIÓN DE LIBROS PARA NAMORAR

Andiven e remexer pola nosa biblio e escollín estes libros tan espeiciais, que dende fai uns días xa, puxen á vosa disposición para celebrar o Día dos Namorados. Cal é o teu preferido???

Firmado
Rosiña

mércores, 9 de febreiro de 2011

AMORES E MÁIS AMORES

Rosiña quere que coñezades tamén estas outras historias de amor.

Unha historia curta de amor en stop motion.

Os amantes Mariposa.



"Madame Butterfly" (Puccini)


martes, 8 de febreiro de 2011

AMOR NA BIBLIOTECA

Rosiña anda algo namorada dun porquiño que sae moito na tele.
Vos coñecédelo???
É tan "juapoooooo"!!!! E sempre vai tan eleganteeee!!!
Rosiña está tan namorada que non fai outra cousa que ler historias e poemas de amor...
Atopou este poema que lle encantou. Titúlase "Amor en la biblioteca" e é de Liliana Cinetto.
Rosiña quere dedicarllo a todos aqueles que andades un pouquiño namorados!!!!

domingo, 6 de febreiro de 2011

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

O venres 28 pola tarde celebramos no noso cole o DÍA DA PAZ. Saímos ao patio (ao cuberto porque chovía) e alí colocámonos todos nunha roda.

Os rapaces e rapazas de diferentes idades leron textos que eles mesmos escolleran para lembrarnos do que significa a Paz para todos nós.


Tamén cantamos e bailamos a canción "Rio Verde" do disco recopilación Para cantar e bailar de Luis Prego. Para finalizar o acto soltamos unhas pombiñas que nos trouxo Rosiña dende Noia.





O mércores 2 tivemos o pracer de recibir unha visita moi especial. Trátase do pallaso Peter Punk. Os nosos rapaces xa o coñecían. Pero esta vez, non viña a facer de pallaso senón que viña como Isaac Fernández que así se chama realmente.

Isaac pertence a o colectivo galego "Pallasos en rebeldía" e veu a presentarnos un DOCUMENTAL titulado "Mashi trasi que trasi" que elaboraron sobre a súa viaxe a Palestina. En abril de 2008 iniciaron unha "caravana de pallasos a Palestina" que tiña como misión derrivar o Muro da Vergoña coa única forza da risa. Risa que levaban agochada en obradoiros de risoterapia, formación en técnicas clown para os integrantes do circo palestino e actuacións para nenos e nenas.

Durante 15 días un sinfín de emocións rodearon esta expedición: un millar de persoas, principalmente nenos, adolescentes e mulleres maltratadas poideron olvidar por un tempo o seu sufrimento e disfrutar da súa dignidade rindo cos pallasos.

Este documental recibiu o Premio do Público na última edición de Amal o Festival de cine Euroárabe de Santiago.

Aquí vos deixamos o trailer:




O seu seguinte obxectivo é celebrar o FESTICLOWN en Palestina. Todos nós imos apoiarvos e enviárvos os nosos ánimos. Se queres realizar unha aportación pincha no enlace.


Gracias Isaac.

BOLECHÍZATE

O venres 28 de xaneiro os nosos cativos acudiron á Casa da Cultura da Picota a ver o divertido espectáculo infantil "OS BOLECHAS" da Compañía Caramuxo. Trátase dunha comedia musical con monicreques destes famosos personaxes dos libros de Pepe Carreiro. O espectáculo amosounos un día na vida desta divertida familia cas divertidas ocurrencias do pequeno Tatá, as travesuras de Chispa e as aventuras de Braulio e Sonia, das xemelgas Pili e Loli e de Carlos, o máis vello dos irmáns.
Pasámolo xenial!! Verdade rapaces???

Os máis veteranos do cole tamén disfrutaron cos Bolechas. Mirade Juanjo que ben o estaba pasando!!!