domingo, 6 de febreiro de 2011

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

O venres 28 pola tarde celebramos no noso cole o DÍA DA PAZ. Saímos ao patio (ao cuberto porque chovía) e alí colocámonos todos nunha roda.

Os rapaces e rapazas de diferentes idades leron textos que eles mesmos escolleran para lembrarnos do que significa a Paz para todos nós.


Tamén cantamos e bailamos a canción "Rio Verde" do disco recopilación Para cantar e bailar de Luis Prego. Para finalizar o acto soltamos unhas pombiñas que nos trouxo Rosiña dende Noia.





O mércores 2 tivemos o pracer de recibir unha visita moi especial. Trátase do pallaso Peter Punk. Os nosos rapaces xa o coñecían. Pero esta vez, non viña a facer de pallaso senón que viña como Isaac Fernández que así se chama realmente.

Isaac pertence a o colectivo galego "Pallasos en rebeldía" e veu a presentarnos un DOCUMENTAL titulado "Mashi trasi que trasi" que elaboraron sobre a súa viaxe a Palestina. En abril de 2008 iniciaron unha "caravana de pallasos a Palestina" que tiña como misión derrivar o Muro da Vergoña coa única forza da risa. Risa que levaban agochada en obradoiros de risoterapia, formación en técnicas clown para os integrantes do circo palestino e actuacións para nenos e nenas.

Durante 15 días un sinfín de emocións rodearon esta expedición: un millar de persoas, principalmente nenos, adolescentes e mulleres maltratadas poideron olvidar por un tempo o seu sufrimento e disfrutar da súa dignidade rindo cos pallasos.

Este documental recibiu o Premio do Público na última edición de Amal o Festival de cine Euroárabe de Santiago.

Aquí vos deixamos o trailer:




O seu seguinte obxectivo é celebrar o FESTICLOWN en Palestina. Todos nós imos apoiarvos e enviárvos os nosos ánimos. Se queres realizar unha aportación pincha no enlace.


Gracias Isaac.

Ningún comentario:

Publicar un comentario