mércores, 28 de xaneiro de 2015

“WE ARE THE WORLD” CUMPRE 30 ANOS

Moitos/as de vós tal vez non coñezades esta fermosa canción, así que hoxe, con motivo do seu 30 cumpreanos, queremos presentárvola! “We are the world” foi composta dun xeito especial que ten moito que ver, ademais, coa celebración do Día da Paz que terá lugar o próximo venres. Así que vos contamos a súa historia:

No ano 1985, África sufría unha fame terrible, especialmente Etiopía. Por esta razón, en Hollywood xuntáronse varios artistas para gravar unha canción composta por Lionel Richie e Michael Jackson. Os beneficios obtidos foron donados a "USA por África" para axudar na loita contra esa difícil situación que vivían no continente africano. 

Xuntáronse máis de 40 músicos, entre os que se atopaban Michael Jackson, Stevie Wonder, Tina Turner, Bob Dylan, Bruce Springsteen... A canción convertiuse nun auténtico himno, e foi interpretada e versionada en moitísimas ocasións. Hoxe segue emocionando escoitala!

We are the world
we are the children,
we are the ones who make a brighter day
so let's start giving
There's a choice we're making
we're saving our own lives
It's true we'll make a better day
just you and me.  

Somos o mundo
Somos os nenos
Somos os que facemos un día máis brillante
Así que comeza a dar
Hai unha decisión que estamos facendo
estamos salvando as nosas propias vidas
É certo, faremos un día mellor
só ti máis eu.                 
                         

Ningún comentario:

Publicar un comentario