mércores, 20 de xuño de 2012

GUIA DE LECTURA VERÁN 2012

Dous días rapaces!! Dous días e xa estaredes de vacacións!!
Moito traballo, moitos exámenes, moito estudar.... pero tamén moitas experiencias divertidas, moitos coñecementos novos, moitas saídas, moitas historias que contar...
Rematamos un curso intenso cheo de lembranzas para as nosas vidas: nenos, nenas, profes, nais e pais... todos marchamos de vacacións cun sorriso e o corazón cheo de alegrías. E agora toca descansar e divertirnos. Toca facer todo aquelo que nos apetece dende hai moito tempo: levantarnos tarde, xogar, ir á praia, facer unha viaxe especial.... pero tamén toca encher a nosa cabeciña de aventuras con libros moi especiais.
Rosiña preparouvos unha Guía de Lecturas estupendas para facer, de este, un dos vosos veráns máis divertidos.
Elixide aquí os libros que queredes que vos acompañen todo este verán e disfrutadeos porque con eles viaxaredes a unha infinidade de mundos e coñeceredes a unha chea de personaxes sen necesidade de coller o coche nin o autobús.

1 comentario:

  1. ¡QUE VEN XA EMPEZOU O COLE!!!!!! estou moi contenta por que tiña moitas ganas de ver os profes ea os meus compañeiros neso tamen incluido as ganas de conocer ao novo da nosa clase por ahora moi ben con todo menos que na primeira semana estava enferma e non poiden ir a clase unha pena porque tiña moitas ganas de conocer a nova profe de ingles.

    ResponderEliminar