venres, 10 de xuño de 2016

NACE "O PAPAGAIO", UN XORNAL MENSUAL

Sempre é unha alegría recibir noticias deste tipo, pero se ademais son en galego moito mellor!!! "O Papagaio" é un xornal mensual de oito páxinas a toda cor, dirixido a nenos e nenas de Primaria e Secundaria, no que se tratarán temas de actualidade nas diferentes seccións nas que se divide: Actualidade, Banda Deseñada, Ecoloxía, Ciencia e Tecnoloxía, Histoira e Cultura, Natureza, Integración e Seccións Abertas. 
Aínda que non comezará a publicarse ata o próximo curso, xa editaron de balde o número 0, para que poidades ir desfrutando da lectura desta nova publicación á que, dende o noso blogue, queremos desexarlle moitísima sorte!!! Se premes sobre a imaxe poderás ler o primeiro número:

Ningún comentario:

Publicar un comentario