martes, 5 de marzo de 2013

VÍDEOS DAS CHARLAS DE ÁNGEL CARRACEDO

E aquí están os vídeos!!! A disposición de todos vós!! 
Tardamos moito en telos listos pero xa sabedes que as "cousas de palacio van despacio".
O xoves 21 de febreiro tivemos a sorte de contar de novo na nosa biblio coa presenza do noso "padriño" o       recoñecido xenetista e catedrático de Medicina Legal D. Ángel Carracedo Álvarez.
Este ano invitámolo de novo a pasar o día connosco para falarnos un pouco sobre "o ADN e a oríxe xenética das distintas razas humanas" dado que, como ben sabedes, estamos a traballar nun Proxecto Integrado que titulamos "Onde os libros te leven" que xira en torno ás diferentes culturas do mundo.
Angel, tan amable e cercano coma sempre, aceptou a invitación e ofreceunos dúas charlas: unha para os nosos rapaces e rapazas, como dí el "os rapaces/as máis listos do mundo" e outra para pais, nais e profes. A temática era a mesma e incluso fíxemos o mesmo experimento pero o nivel de complexidade das explicacións cambiaba un pouco.
Sempre é un luxo poder disfrutar da presenza de Angel e dos coñecementos que nos brinda cada vez que nos visita. El sabe que o noso cole é tamén a súa casa e que sempre estamos esperando velo entrar pola porta para compartir con nós un pouquiño do seu valioso tempo. Sabemos que é un home moi importante e que sempre está moi ocupado e agradecémoslle que sempre esté disposto a facer un oco na súa apertada axenda para compartilo con nós.
Dende aquí, Angel, GRAZAS por ser como eres. Estamos seguros de que grazas a ti os nosos rapaces/as síntense un "pouco máis científicos" e que moitos deles cando pensan no seu futuro vense cunha bata de laboratorio e un microscopio nas súas mans querendo ser coma ti.
Disfrutede deste tesouro. Para todos os que o vístedes en persoa e tamén para os que non puidestes asistir disfrutade del como fixemos nós.


Charla de Angel Carracedo para o alumnado do CEIP VÍCTOR SÁENZ "O ADN e a orixe xenética das razas humanas" from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Charla de Angel Carracedo para o alumnado do CEIP VÍCTOR SÁENZ "O ADN e a orixe xenética das razas humanas". Actividade programada pola Biblioteca Escolar dentro do PROXECTO INTEGRADO 2012-2013 "Onde os libros te leven" dedicado ás distintas culturas do mundo. 21 de febreiro de 2013.



Charla de Angel Carracedo para familias e profes do CEIP VÍCTOR SÁENZ sobre "O ADN e a orixe xenética das razas" from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.
Charla de Angel Carracedo para familias e profesores do CEIP VÍCTOR SÁENZ "O ADN e a orixe xenética das razas humanas". Actividade programada pola Biblioteca Escolar dentro do PROXECTO INTEGRADO 2012-2013 "Onde os libros te leven" dedicado ás distintas culturas do mundo. 21 de febreiro de 2013.

Ningún comentario:

Publicar un comentario