Hoxe
despedimos o 2º trimestre do curso, e vaia xeito de facelo!!! Nada máis e nada menos que co grande
PACO NOGUEIRAS!!! Paco xa nos visitou coa súa "Radio Bule Bule" para celebrar o "Día mundial da radio", e para hoxe trouxo o seu espectáculo
"Brinca Vai!", no que interpreta cancións adicadas a moitas das datas que celebramos ao longo do ano: o Entroido, o Nadal, o Magosto... Tamén deixa oco para cantarlle á amizade, á importancia de plantar árbores (e todo tipo de plantas) e moitas máis!!! E é que Paco é todo un
showman, xa que ademais de tocar un montón de instrumentos, fíxonos rir moitísimo coas súas bromas e coa relación tan especial que ten con esa máquina que o acompaña a todos os concertos.
Pasámolo xenial, en especial Breixo, xa que lle gusta moito Paco e firmoulle o seu disco. Incluso rematou a actuación coa canción que el lle pediu: "Radio Bule Bule". Tampouco se esquecerán del as rapazas e rapaces que se achegaron a pedirlle un autógrafo ao rematar o concerto, non si?
Moitas grazas, Paco, e ata a próxima!!!!
Apertas,
Rosiña
Ningún comentario:
Publicar un comentario