luns, 16 de marzo de 2020

O CORONAVIRUS NON NOS FREA

Ola!!! Como estades? Esperamos que vos atopedes todas e todos nas vosas casiñas e que levedes o mellor posible estes días nos que temos bastante limitada a nosa liberdade de movemento!!!
Prepareivos unha páxina con varias ligazóns que vos poden axudar a que as horas do día pasen un pouquiño máis rápido. 

E quedádevos coa parte positiva de todo isto: 
-podedes compartir máis tempo coa familia;
-desfrutade dos espazos naturais que tedes arredor das vosas casas (nas cidades non teñen esa fortuna!!!);
-tedes máis tempo para "devorar" libros e máis libros, debuxar, pintar, escribir...

Ademais, agora que está a piques de comezar a primavera, observar as árbores tamén vos pode entreter un rato: como van medrando as follas, que árbores son... Por outro lado, sodes uns paxareiros e paxareiras estupendos, así que fixádevos moito nos paxariños que vos acompañen estes días, aínda que sexa a través das ventás... Ata podedes escribir un diario naturista!!!

Se queredes aproveitade para visitar a páxina creada para o proxecto das aves premendo aquí.

Se precisades desconectar un pouco, ou necesitades resolver algún problemiña familiar tamén podedes practicar mindfulness premendo aquí.

E mil cousas máis que poden ser interesantes: aproveitar todo o que tedes no blog (fotos, programas de radio, etc.), as cousas que vos propoñan nas vosas casas (axudar a facer a comida, a limpeza, a alimentar os animais...), etc. Pero non pasedes todo o día pegados á televisión, que xa sabemos que non é nada bo. Establecer un horario para cada cousa é tamén un bo consello!!!

Esta é a páxina que preparei para estes días. Para acceder a ela premede AQUÍ ou sobre a imaxe.

"O coronavirus non nos frea"

Podedes escribir comentarios (estarei pendente de lelos e, se fora necesario, de respondelos). 

Unha aperta enorme e moito ánimo, que se todas colaboramos superaremos esta situación!!!

1 comentario: