![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgmTWqzyQpFnQ3lNb2PYNQC7PD-3-9uvRKqRHgcdgW6BhMnZSk6-t8bm_AYK0scz-9eHTEcP3Iy3ohHzJi4LCTnc8KU_MAepedWsi9tmsUzCmyF3d_V4ppxkBU2gC4eq73NA3LzHBkqZ5Zy/s320/P1220434.JPG) |
Un cisne mudo na Ría do Burgo (A Coruña). |
Así como fixeron en 5º e 6º, tamén os grupos de
3º e 4º visitaron
"Radio Rosiña" para emitir un
programa sobre os seus disfraces do pasado Entroido. As nenas e nenos de
3º e 4º elixiron o
cisne para esta ocasión tan especial, e no programa
"Os disfraces de Rosiña" cóntannos moitísimas cousas interesantes sobre esta espectacular ave. Para que non volo perdades, aquí vos deixo o seu podcast, no que participaron todas e todos:
Ismael, Íker, Ángel, Soraya, Guille, Brais, Sara, Aroa, Paula, Martina, Xoel e Mai, ademais da
profe Alba, quen lles axudou na búsqueda da información e na gravación deste programa.
NORABOA polo voso traballo!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario