
Pois a semana rematou coa festa do
Magosto, como xa vos anunciaramos a comezo da semana. Nesta ocasión, para a celebración invitamos a todas as nais e pais do noso alumnado, así como avoas e avós, pero tamén ás rapaciñas e rapaces que xa remataron no cole e se atopan agora estudando no Instituto. Andrea, Nuria, Rubén, Álex, un gustazo vervos de novo aquí!!! Foi así como aumentamos o número de persoas que nos reunimos na Biblioteca do cole, para escoitar a
Celso Fernández Sanmartín, un contacontos ao que temos moito cariño e que nos fixo pasar unha tarde moi agradable de risas, historias sorprendentes e cancións divertidísimas. Todo isto despois de comer un bo puñado de castañas asadas que prepararon as nosas estupendas cociñeiras Lourdes e Mariví, a quenes queremos agradecer ese esforzo. E tamén a Víctor, o noso conserxe, quen nos axudou a mover todo o mobiliario da biblioteca para facer máis acolledor o espazo no que recibimos a todas as persoas que se achegaron ao cole.
E como estaredes desexando ver as fotos, podedes facelo premendo
AQUÍ.
Para ver as imaxes da sesión de contacontos, premede
AQUÍ, e os vídeos,
AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario