
Esta mañá, o cole agardaba unha
sorpresa agochadiña nun dos patios interiores: unha
exposición moi coidada
de cogomelos!!! Encargáronse da mesma
Emilio e Mª Carmen, membros da
Asociación Micolóxia "Sendeiriña" de Negreira. Ademais de achegar ao centro máis de 130 especies diferentes de cogomelos (recollidos en Negreira, Santiago e A Baña) que puidemos observar, cheirar e mesmo tocar, os nosos invitados tamén prepararon unha charla para contarnos moitas das características destes interesantes organismos. Tamén puxeron á nosa disposición unha interesante exposición de libros para que puideramos ollalos durante toda a xornada.
Foi unha xornada moi interesante e divertida, na que ademais aprendemos moitísimas cousas sobre os cogomelos!!! Moitísimas grazas a Emilio e Mª Carmen por este agasallo!!!
Premendo
AQUÍ podedes ver todas as fotografías tomadas.
E como sei que vos gustará volver ler a información sobre os diferentes cogomelos, tamén vos deixo as
presentacións que prepararon Emilio e Mª Carmen, que nos deixaron con moita amabilidade para ter á nosa disposición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario