luns, 7 de novembro de 2016

O NOSO CARTEL E AS NOVIDADES DA BIBLIOTECA

Xa temos o cartel do proxecto deste curso: "BaiLEMOS na Musiteca". Quedou chulísimo, non si? Ademais, xa comezamos a colocar algúns dos fondos que temos na biblioteca relacionados coa música.


Pero tamén quero contarvos que hai novas adquisicións na Biblioteca!!! Tédelas todas colocadas no taboleiro da entrada da Biblio, onde podedes botarlles un ollo ou levalas para casa!!! Podedes atopar libros de consulta, pero tamén de ficción, e un grupiño deles con temática apropiada para estes días nos que celebramos o Samaín. A que estades esperando???

1 comentario:

  1. Encántame o proxecto deste curso!! Xa vexo que estades traballando un montón!Biquiños

    ResponderEliminar