
Nun curso no que os deportes olímpicos estiveron moi presentes nas nosas aulas, hai que destacar a figura do
triatleta galego
Javier Gómez Noya. Onte foille concedido o
"Premio Princesa de Asturias do Deporte", galardón que tamén recibiron en anteriores edicións Rafa Nadal, Pau e Marc Gasol ou Fernando Alonso. Gómez Noya é un dos mellores deportistas do noso país, e mostra disto son a cantidade de premios que conseguiu ata agora:
cinco títulos mundiais,
catro campionatos de Europa e unha
medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Londres 2012. Non sabemos aínda o que sucederá en Río, pero mentras tanto, Gómez Noya segue os seus entrenamentos con moito rigor: cada semana fai unha media de
30 quilómetros de natación,
400 de bici e ao redor de
110 correndo. Que vos parece? A todo isto hai que sumar as horas de ximnasio, estiramentos, fortalecementos, etc. Javier Gómez Noya disputou o seu primeiro tríatlon con 15 anos, así que aínda estades a tempo de animarvos vós tamén!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario