
Hoxe, 30 de abril, todos os rapaces e rapazas do colexio asistimos xunto cos nosos compañeiros do CEIP Plurilingüe e o CPI da Picota a unha
representación teatral da Compañía Teatral
OS QUINQUILLÁNS na Casa da Cultura da Picota.
Tratábase da obra titulada Merlín escrita por Lucho Penabade e dirixida por el mesmo xunto con Tero Rodríguez.
Os actores son Pepe Soto, Tero Rodríguez, Inacio Vilariño e Luco Penabade.
FURAVENTOS arriba a súa dorna na praia das Tebras sen sospeitar que está en Avalón,a mítica illa onde, grazas ás mazás da inmortalidade, MERLÍN, MORGANA e o rei ARTUR llevan vivindo mil cincocentos anos.
O noso intrépido FURAVENTOS terá que sortear moitos atrancos porque en Avalón nunca se sabe o que pode ocorrer.
Aquí tedes as fotos da nosa cita teatral.
Pasámolo en grande!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario