
Hoxe celebramos no noso cole o
DÍA DO LIBRO.
Que como o celebramos?
Primeiro recibimos unha visita moi moi especial !!!
Recibimos na nosa bibloteca a FRAN REI integrante da compañía de clown "Os sete magníficos máis un", que veu a contarnos "A historia de Bracaflor" e a regalarnos algúns truquiños de maxia.
A Historia de Brancaflor é o primeiro espectáculo unipersonal de Os Sete Magníficos máis Un. Ademais, trátase da primeira incursión da compañía -con máis de dez de traxectoria profesional- na arte dos contacontos.

Baixo a dirección de Avelino González, nesta montaxe chegámonos á lenda popular de
Brancaflor -filla do Demo- a partir da versión que
Xosé Ramón Mariño Ferro recolleu na súa escolma de "Contos Marabillosos". Unha trama chea de probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios. Unha fermosa historia de amor entre Brancaflor e Xan á que se opón con decidida firmeza o malvado pai da rapaza. Como non podía ser doutro xeito, a narración vén ilustrada con diversos xogos de maxia, que reforzan a omprensión do conto e, sobre todo, fan máis atractivo o espectáculo.
A Historia de Brancaflor, un conto máxico sobre a forza do amor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario