Hoxe, martes 25 de marzo, os alumnos de Educación Infantil e do 1º Ciclo de Educación Primaria realizaron unha visita didáctica a PAN IGNACIO, a panadería que fai o pan que comemos no comedor do noso cole. Esta actividade está incluido no programa de actividades do noso PROXECTO INTEGRADO deste ano Papacontos Zampalibros.
Os rapaces viaxaron ata Vimianzo onde viron todo o proceso de fabricación do pan que logo comen no cole e ata participaron na súa elaboración facendo os seus propios boliños que logo levaron para súa casa.
A continuación tamén visitaron unha piscifactoria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario