Todos os grupos-clase participaron no Proxecto Integrado de este ano: "Sementando bosques de palabras" realizando un pequeno proxecto de investigación.
Os alumnos de Infantil levan varios meses
investigando sobre OS LOBOS. Recolleron unha chea de
información, seleccionáronna e con ela elaboraron e editaron un fermoso libro
que a partir de agora estará dispoñible para todos vos na biblioteca. Queredes
ver o seu traballo??? Pois aquí o tedes:
Agardamos con impaciencia o día en que os seus autores nos expliquen todo o que eles aprenderon sobre os lobos. Xa
veredes!! Son uns auténticos expertos en lobos!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario