Como ben sabedes, durante este curso estamos a traballar o tema dos bosques e participaremos en todas aquelas actividades complementarias nas que se nos presente oportunidade e que estén relacionadas con esta temática.
É por ista razón pola que mañá, venres día 4, participaremos nunha vídeoconferencia de Dª Mª Isabel Fraga Vila sobre os bosques como parte integrante do desenvolvemento sostible do planeta e os seus beneficios económicos, socioculturais e ambientais que proporcionan contribuíndo á erradicación da pobreza e o logro dos obxectivos de desenvolvemento, acordados internacionalmente, incluídos nos obxectivos de desenvolvemento do Milenio.
Mª Isabel Fraga Vila é a directora do Museo de Historia Natural e profesora de Botánica da Facultade de Bioloxía da USC. Publicou, entre outros traballos de investigación e divulgación no ámbito da botánica, a Guía Verde de Santiago de Compostela (Alvarellos 2010), un traballo que recolle información sobre todos os parques e zonas verdes da capital galega, ademáis dunha guía botánica con fotos, debuxos e comentarios de 150 especies arbóreas presentes na cidade.
Esta videoconferencia está organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e dirixida ao alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria.
Esta videoconferencia está organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e dirixida ao alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria.
hola son paula germil calo de cuarto gustame moito a nosa web espero que os demais nenos e nenas a visiten tanto coma min!!!!!!!!!!!!!!
ResponderEliminar