Continuando coas charlas para familias organizadas dende o Departamento de Orientación en colaboración co Servicio de Prevención de Drogodependencias da Asociación Neria, convocamos aos pais e nais do noso alumnado, a unha primeira sesión de CINE-FORUM o venres 25 ás 12:30. Co gallo da celebración do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, visionaremos o documental "AMORES QUE MATAN" da directora Iciar Bollaín.
Trátase dunha curtametraxe de 20 minutos de duración que nos acerca á idioloxía machista e permítenos explicar algúns dos valores sobre os que se constrúe esta idioloxía. Aproxímanos tamén a "outra" forma de ser home, a de aqueles que se relacionan coas mulleres nun plano de igualdade e fan pública a súa oposición aos malos tratos ás mulleres e ao seu rexeitamento ao uso da violencia contra a súa parella. Esta curta é unha invitación a reflexionar sobre si é posibel a rehabilitación dos homes maltratadores.
Papis, mamis... esperámosvos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario