Dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística envíannos esta interesante enlace cheo de recursos para o Entroido (pincha no peliqueiro).
O Equipo de Biblioteca do noso centro agradécelles que compartan connosco estes recursos e tamén a mención que nos fan na súa páxina.
E dende o noso blogue amigo O Recanto de Mik do C.E.I.P. Mestres Goldar de Vigo, chéganos outra das súas proveitosas recolleitas de recursos esta vez sobre o Entroido. (Pincha onde o paiaso). Grazas polo voso traballo.
E para acabar un regaliño. Esta fermosa ilustración de Armando Salas: ilustrador galego nacido en 1946 en Santa Marta de Ortigueira. Fermosa verdade??? De seguro que vos inspira para algún traballiño....

)
Ningún comentario:
Publicar un comentario