venres, 30 de outubro de 2020
GUÍA DE SAMAÍN 2020
luns, 26 de outubro de 2020
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Aquí vos presento o vídeo que realizaron as nenas e nenos do CEIP Víctor Sáenz para conmemorar o "Día das Bibliotecas", porque aínda que estamos vivindo unha situación que nos impide realizar as actividades do xeito no que estabamos acostumadas, sabemos que as bibliotecas non deben faltar nas nosas vidas!!!
Espero que vos guste moito esta pequena montaxe que fixemos cos vosos recitados, poetas marabillosas!!!
venres, 23 de outubro de 2020
EN EDUCACIÓN INFANTIL FALAN DE DISFRACES EN "RADIO ROSIÑA"
O curso pasado adicamos o proxecto documental integrado ás aves, e debido á suspensión de clases no mes de marzo, quedaron algunhas cousiñas pendentes de facer ou de rematar. Este foi o caso de Educación Infantil, quenes se disfrazaron de pavos reais para celebrar o Entroido. En "Radio Rosiña" emitimos varios programas adicados aos disfraces, pero este grupo non puido rematar a súa gravación naquel momento, así que aproveitaron estes días de regreso ás nosas actividades presenciais para facelo. E quedoulles así de chulo!!! Escoitade, escoitade:
PROGRAMA SOBRE MAZARICOS EN "RADIO ROSIÑA"
O grupo de 3º e 4º gravaron un programa en "Radio Rosiña" moi interesante, no que falan de Mazaricos, o noso concello. Fanno con tanta emoción e profesionalidade que calquera que o escoite non lle quedará ningunha dúbida de que este lugar é máxico e está cheo de recunchos para coñecer e explorar... Con este programa queren promocionar esta zona, e estou segura de que o conseguirán!!! NORABOA, rapaces e rapazas!!! Fixestes un traballo estupendísimo!!!

Mural que elaboraron en 3º e 4º para promocionar Mazaricos.
xoves, 22 de outubro de 2020
SAMAÍN 2020
OLA!!!!
Falta só unha semana para a celebración do Samaín, e nesta ocasión escríbovos a cartiña desde o blog da biblioteca, para que poidades lela e comezar os preparativos para os concursos que convocamos!!!
Anúnciovos tamén que o próximo venres organizaremos diferentes obradoiros, dos que vos informaremos a semana que vén.
Unha aperta enorme,
martes, 20 de outubro de 2020
ILUSTRACIÓNS PARA O DÍA DA MULLER RURAL
Unha aperta enorme,
xoves, 15 de outubro de 2020
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER RURAL
Hoxe, 15 de outubro, celébrase o "Día Internacional da Muller Rural", e no Concello de Mazaricos invitáronnos a participar nun concurso de ilustracións a través das cales realizar unha homenaxe a todas as mulleres que temos a grande sorte de coñecer no noso cole: mulleres valentes, emprendedoras, agarimosas..., mulleres ás que admiramos por moitos motivos dos cales nos sentimos moi orgullosas!!!! No cole quixemos agradecerlles todo o que fan por nós e para iso gravamos un rap que compartimos tamén a través do blog da nosa biblioteca, esperando que lles guste moito e que desfruten tanto véndoo coma nós facéndoo. Aquí está o noso "Rap da muller rural":
En canto ás ilustracións, inspiradas nas avoas, nais, veciñas, mestras, etc., foron seleccionadas tres de todas as presentadas. Pero calquera delas é merecedora do noso recoñecemento, así que desde aquí queremos felicitarvos a todas as persoas polo voso traballo, que fixestes con tanta ilusión desde 1º ata 6º de Primaria; NORABOA A TODAS!!!
Aquí vos deixamos as ilustracións gañadoras nesta ocasión:
![]() | |
| Zaira Núñez Tuñas (1º) inspirouse na súa nai manexando o tractor. |
![]() | |
| Ángel Grille Calvelo (4º) tamén representou o traballo no campo. |
![]() |
| Mai Villar Vilas (5º) amosou o detalle dunha costureira. |
En breve poderedes ver as ilustracións de todas as persoas que participastes, coas que queremos difundir o papel destas valentes mulleres!!!
Tamén queremos compartir con vós o programa que emitiu o alumnado de 6º en "Radio Rosiña" esta mañá con motivo desta conmemoración. Podedes escoitalo e/ou descargalo no seguinte enlace:
Agradecemos tamén ao Concello de Mazaricos a súa invitación, desexando que sigan xurdindo propostas deste tipo ao longo do curso...
domingo, 4 de outubro de 2020
AS AVES, INDICADORES DE CALIDADE DE VIDA
![]() |
| Cartel de SEO/Birdlife |
Esta fin de semana celebrouse o "Día das aves", para a cal a organización SEO/Birdlife elixiu un lema que amosa a importancia destes animais no noso entorno: "As aves, indicadores de calidade de vida". As aves son os mellores indicadores do estado de saúde do noso ambiente, son símbolo de vida, de calidade de vida.
E no cole, xa que este curso seguiremos aprendendo todo o que poidamos sobre elas, tamén queremos ter en conta esta data, desexando que os seus cantos se sigan escoitando día tras día!!!
venres, 2 de outubro de 2020
DESPEDIMOS AO CREADOR DE MAFALDA
Somos moitas as persoas que coñecemos a Mafalda, que lemos e desfrutamos coas viñetas dunha das rapaciñas de cómic máis coñecidas do mundo. O seu creador, Joaquín Lavado, máis coñecido como Quino, faleceu o pasado 30 de setembro na súa cidade natal, Mendoza (Arxentina). Mafalda foi o seu personaxe máis coñecido, e foi publicada por primeira vez no ano 1964, así que neste 2020 cumpre xa 56 anos!!! Sen embargo, esta nena segue sendo un exemplo a seguir en canto á súa opinión sobre o mundo que lle rodea. Daquela non se coñecía o coronavirus, e non había moita conciencia social sobre problemas que afectan á totalidade do noso planeta, pero as súas reflexións seguen a ser totalmente válidas na actualidade. Se non a coñeces, esta é unha boa ocasión para que a descubras.
venres, 18 de setembro de 2020
ABRIMOS A BIBLIOTECA!!!!
Bos días!!!
Estou moi contenta porque hoxe traigo unha nova estupenda: ABRIMOS A BIBLIOTECA!!!! Durante estes días mantivémola pechada porque había que reorganizala tendo en conta as novas normas que estamos adoptando no cole debido ao coronavirus... Xa rematamos o protocolo e queremos presentárvolo aquí para que o coñezades moi ben e respectedes todas as decisións que se tomaron:
Ademais, repartín nas vosas aulas unhas actividades para que poidades comprobar que o sabedes todo!!! Podedes repasalas tamén desde o blog. Premendo AQUÍ atoparedes as seleccionadas para Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria.
Para o alumnado de 3º a 6º atoparédelas premendo AQUÍ.
Isto é todo por hoxe. Non sabedes que alegría me dá saber que ides visitar de novo a biblioteca!!!! Que ganiñas de que os libros comecen a voar de novo...
Unha aperta enorme e, xa sabedes, espérovos na biblioteca a partir da semana que vén!!!!












