mércores, 24 de setembro de 2014

BIBLIOGRAFÍA PARA O PROXECTO INTEGRADO BIBLIOTECA CÁMARA ACCIÓN

Se pinchades sobre "See on Pinterest" podedes acceder a toda a bibliografía que vaimos atopando para o noso proxecto sobre o cine. Para os máis cativos: ahí atoparedes todos os libros que de algunha forman tratan o tema do cine. Follow Asun García's board Proxecto Integrado BIBLIOTECA, CÁMARA, ACCIÓN. on Pinterest.

luns, 22 de setembro de 2014

SAÚDO DE ROSIÑA

Ola, rapaciñas e rapaciños!
Xa estamos de novo aquí, inaugurando un novo curso escolar. Nesta ocasión, decidimos facelo cantando un tema de Magdalenas Fleitas cunha mensaxe que esperemos non se nos esqueza ningún día: "SONREÍR NO CUESTA NADA, Y SONREÍR LO PUEDE TODO". Tamén un sorriso se lle debeu debuxar na súa cara a Rosiña, ao ver que a Biblioteca xa estaba funcionando a pesar de que ela aínda non chegara das súas vacacións. Pero Rosiña trae novidades para este curso: un novo proxecto!!! Seguro que xa lestes a carta que vos deixou nas aulas, pero deixámosvola aquí para os que non puideran facelo e para os que queiran volvela ler. E xa sabedes que agora hai que comezar a traballar, porque queremos aprender un montón de cousas sobre o cine, non si? Pois adiante!!!


mércores, 25 de xuño de 2014

Comer e medrar

Atopamos este material agora. É unha lástima que este descubrimento non tivese lugar ao longo do curso para sacarlle partido nas clases pero din que nunca é tarde se a "dicha" é boa.
Botádelle unha ollada. De seguro vos vai gustar!

domingo, 15 de xuño de 2014

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA VERÁN 2014

Pois como xa estamos a piques de rematar o curso e disfrutar das nosas ben merecidas vacacións aquí tendes as nosas recomendacións para que disfrutedes da lectura este verán!!
Disfrutádeas!!

venres, 13 de xuño de 2014

A LITERATURA DO FÚTBOL

Hoxe comeza o Mundial de Fútbol Brasil 2014 e a moitos de vós encántavos o fútbol.
Que vos parece se ademais de xogar ao fútbol e ver os partidos do Mundial, tamén ledes historias arredor deste deporte?
 Hai moitísimas!!! 
Aquí tedes unhas cantas!

PINCHA ONDE PON : SEE ON PINTEREST


Sigue el tablero LITERATURA DO FÚTBOL de Asun en Pinterest.

xoves, 5 de xuño de 2014

PROXECTO DOCUMENTAL DE INFANTIL: OS FROITOS DE OUTONO

E por fin, para rematar recibimos o último proxecto, que a pesar de ser o último en colgarse no blogue foi o primeiriño en estar rematado. 
Trátase dun proxecto moi extenso, tanto, que tivemos que dividilo en 4 partes para poder maquetalo e logo volver a xuntalo todo e que o poidesedes ver aquí no blogue.
Os rapaciños e rapaciñas de Infantil estiveron investigando sobre OS FROITOS DE OUTONO. 
Son rapaces moi pequeniños que fan traballos enormes!!

Uns verdadeiros expertos nos froitos de outono. Podédes preguntarlles o que queirades. Eles teñen todos os datos.

Mirádeo, descargádeo e sacádelle proveito. En breve, estará accesible na biblioteca.

Menudo traballazo, chicos!!
Noraboa!!

PROXECTOS DE INGLÉS

En Inglés os máis pequenos tamén estiveron traballando con temas relacionados coa alimentación e a gastronomía. 

O primeiro traballo é a historia dunha oruga moi glotona "The very hungry caterpillar"


O segundo proxecto está centrado nos froitos do outuno e titúlase "Autumn".

Mirádeo, descargádeo e sacádelle proveito. En breve, estarán accesibles na biblioteca.

Moi bo traballo rapaces!!

PROXECTO DOCUMENTAL DE 6º CURSO: GIUSEPPE ARCIMBOLDO

Hoxe chéganos o proxecto documental de 6º curso. 

Os rapaces e rapazas decidiron centrarse na vida e no traballo dun artísta; en concreto un pintor italiano chamado GIUSEPPE ARCIMBOLDO que pintaba rostro humano a partir de alimentos como froitas e verduras.
Moito aprenderon sobre o traballo deste artista e, por suposto, tamén se animaron a poñer en práctica as súas ténicas.

Un proxecto moi "artístico"!

Mirádeo, descargádeo e sacádelle proveito. En breve, estará accesible na biblioteca.


Noraboa polo traballo!

mércores, 4 de xuño de 2014

PROXECTO DOCUMENTAL DE 5º CURSO: HISTORIA DA GASTRONOMÍA NA IDADE ANTIGA

A última investigación que nos chega hoxe é a de 5º curso. 

Os rapaces e rapazas deste curso tardaron moito en escoller o tema deste proxecto, pero finalmente decidíronse pola Historia da Gastronomía. Pretendían chegar ata os nosos días pero descubriron tantos datos sobre as orixes da gastronomía que non conseguiron pasar da Idade Antiga.

E aquí tedes o seu "histórico" traballo!

Mirádeo, descargádeo e sacádelle proveito. En breve, estará accesible na biblioteca.


Felicitacións polo moito que aprendestes con este formidable traballo!

PROXECTO DOCUMENTAL DE 4º CURSO: COMIDA BASURA

Chéganos, así en quente, unha nova investigación. Esta vez trátase do traballo dos rapaces e rapazas de 4º curso. 
Eles, durante este curso, decidíronse a investigar arredor do tema da Comida Basura

E aquí abaixo podedes acceder ao seu traballo!

Mirádeo, descargádeo e sacádelle proveito. En breve, estará accesible na biblioteca.


Fantástico traballo, rapaces!!