xoves, 25 de marzo de 2010

CONSUMO RESPONSABEL

O xoves 18 de marzo viaxamos a Vigo para visitar no IFEVI, "O Rueiro do Consumo": unha actividad formativa/divulgativa de educación para o consumo que daba a coñecer as distintas ofertas da Escola Galega de Consumo e outras institucións a través da realización de distintos obradoiros que gustaron moito aos nosos rapaces. Poderedes consultar as fotografias proximamente na galería da nosa páxina web.
Dende a biblio propoñémosvos, para completar todo o que alí aprendemos, o visionado deste curto que nos propón unha reflexionar sobre o futuro do noso planeta e na necesidade de cambiar as nosas actitudes de consumo:


luns, 8 de marzo de 2010

RECOMENDACIÓNS Día da Muller Traballadora

Lembrámosvos que na biblio tendes unha chea de libros escritos e protagonizados por mulleres que vos farán reflexionar sobre este tema Deixámosvos aquí algunhas recomendacións de lecturas:
XELA VOLVEUSE VAMPIRA
FINA CASALDERREY
BAÍA EDICIÓNS
Xela é unha mestra que sufre malos tratos e Breixo é o seu alumno que nos vai contando todo o que lle acontece a esta muller nun libro que mestura a realidade coa inxenuidade.

ONCE DAMAS ATREVIDAS
OLIS HELLE THOMASSEN
KALANDRAKA EDICIÓNS
As protagonistas? Once rapazas votadas para diante que percorren o mundo.
ELAS
CECILIA AFONSO ESTEVES
KALANDRAKA EDICIÓNS
Auga, Terra, Lume e Aire representan a esencia do noso mundo, danlle sentido e fan que todo funcione como unha cadea sen interrupción, por iso o seu obxectivo é xerar vida...Este libro é un "canto ao feminino".

8 de marzo: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O 8 de marzo celébrase o Día da Muller Traballadora e a Biblioteca quere colaborar dalgún xeito con esta celebración.
Sabemos que aínda queda moito por avanzar neste tema pero tamén somos conscientes de que foi moito o que se acadamos ata agora e non debemos olvidarnos do traballo de aquelas mulleres que o fixeron posible.
Aquí vos deixamos unha pequena presentación para reflexionar: (vai pasándo as páxinas na flechiña)


martes, 2 de marzo de 2010

LEANDRO LAMAS

Que importantes son as ilustracións nos libros!!! Verdade? Axúdannos a viaxar a o mundo máxico da imaxinacion cheo de cores e de sentimentos que iluminan a nosa alma.
Aquí vos amosamos os traballos dun dos nosos ilustadores favoritos: Leandro Lamas. Se queredes coñecer mellor o seu traballo podedes visitar o seu blogue aquí

domingo, 28 de febreiro de 2010

CONTACONTOS: Mario Tomás


O xoves 25 de febreiro disfrutamos dunha sesión de contacontos a cargo de Mario Tomás que nos contou unha chea de historias que nos fixeron sorrir e algunha que nos fixo pasar un pouco de medo.
Lembrades cal é o principal ingredinte para contar contos como os de Mario ???
............................................................IMAXINACIÓN !!!




(Dende aquí queremos agradecer a colaboración ao Consorcio Editorial Galego).

COLLEJEROS: enganchados á lectura

No programa da Noite de Fin de Ano(en TVE) do humorista José Mota puidemos ver este divertido "skech" no que se parodiaba o programa de CUATRO "Callejeros". Os reporteiros esta vez analizaban os "vicios" da mocidade de hoxe en día.

Para rirnos un pouco agora que xa pasou "Xynthia"



BENVIDA


“Todos os libros do mundo
non che dan felicidade
pero condúcente en segredo
ata ti mesmo.

Ali encontras todo o que necesitas,
o sol, as estrelas e a lúa
pois a luz que ti buscas
habita en ti mesmo.

A sabedoría que buscaches
nas librerías
reluce en cada páxina…

E agora é túa.”


Con esta cita de Hermann Hesse traducida ao galego o Equipo de Biblioteca quere darvos a benvida ao blogue da nosa biblioteca. Disfrutadeo e participade !!!