mércores, 4 de xuño de 2014

PROXECTO DOCUMENTAL DE 5º CURSO: HISTORIA DA GASTRONOMÍA NA IDADE ANTIGA

A última investigación que nos chega hoxe é a de 5º curso. 

Os rapaces e rapazas deste curso tardaron moito en escoller o tema deste proxecto, pero finalmente decidíronse pola Historia da Gastronomía. Pretendían chegar ata os nosos días pero descubriron tantos datos sobre as orixes da gastronomía que non conseguiron pasar da Idade Antiga.

E aquí tedes o seu "histórico" traballo!

Mirádeo, descargádeo e sacádelle proveito. En breve, estará accesible na biblioteca.


Felicitacións polo moito que aprendestes con este formidable traballo!

PROXECTO DOCUMENTAL DE 4º CURSO: COMIDA BASURA

Chéganos, así en quente, unha nova investigación. Esta vez trátase do traballo dos rapaces e rapazas de 4º curso. 
Eles, durante este curso, decidíronse a investigar arredor do tema da Comida Basura. 

E aquí abaixo podedes acceder ao seu traballo!

Mirádeo, descargádeo e sacádelle proveito. En breve, estará accesible na biblioteca.


Fantástico traballo, rapaces!!

PROXECTO DOCUMENTAL DE 3º CURSO: AS BEBIDAS

A seguinte investigación que nos chega é a de 3º curso. 
Os rapaces e rapazas deste curso decidíronse a investigar arredor do tema das bebidas. 

E aquí tedes o seu magnífico traballo!


Mirádeo, descargádeo e sacádelle proveito. En breve, estará accesible na biblioteca.


Bo traballo, rapaces!!

PROXECTO DOCUMENTAL DE 1º CICLO: AS FROITAS

Bueno! 
Xa estamos a piques de rematar o curso, así que xa chegamos ao momento de facer públicos os resultados das nosas investigacións documentais realizadas dentro do noso Proxecto Integrado Papacontos Zampalibros.

Comezamos coa investigación de 1º ciclo. Os rapaces e rapazas deste ciclo quixeron investigar arredor do tema das froitas. 
E aquí tedes o "froito" do seu  traballo.

Mirádeo, descargádeo e sacádelle proveito. En breve, estará accesible na biblioteca.

Noraboa rapaces!!

martes, 3 de xuño de 2014

O LEGADO CELTA

Estamos a punto de desfrutar dunha Xornada de Convivencia, durante a cal visitaremos o CASTRO DE BORNEIRO.
A biblioteca quere ofrecervos información sobre A CULTURA CASTREXA para que entedendades mellor o que alí ides ver. 
O documental que vos ofrecemos a continuación naceu dunha colaboración do Explora Films, Canal Historia, a TVE, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Xunta de Galicia.
DESFRUTADE coñecendo a cultura dos vosos devanceiros!

luns, 2 de xuño de 2014

OS CONTOS DO 2º CICLO.

 Os rapaces de 2º ciclo desenvolveron unha actividad titulada OS NOSOS CONTOS, que consiste en que cada rapaz ou rapaza le un libro relacionado coa temática do Proxecto Integrado e o prepara para lérllelo posteriormente aos seus compañeiros en clase. A continuación, elabora un boletín cun pequeno resumo da lectura e contesta a 3 preguntas formuladas pola titora. Ese boletín ilústrao facendo a súa propia versión da portada do libro.
Aquí tedes as fotos dos rapaces cos seus boletíns.
BO TRABALLO, RAPACES!!


xoves, 29 de maio de 2014

UNHA MÉDICO-ENDOCRINO NO NOSO COLE

Hoxe recibimos no noso cole a Cristina Guillín Amarelle,  médico-endocrino no Clínico que nos veu falar sobre como manter unha alimentación saudable.  Esta charla está englobada dentro do programa de actividades do Proxecto Integrado deste ano Papacontos Zampalibros, que xira arredor do tema da alimentación e a gastronomía.

Contar coa presenza de Cristina foi todo un honor para todos nós, pois aprendemos unha chea de cousas con ela sobre a NUTRICIÓN.

A esta charla estaban invitados tamén os pais pero non acudiron moitos dada a hora de celebración. Por iso, decidimos perdille permiso a Cristina para gravar en vídeo a charla e ofrecérvola dende aquí a todos os que quixestes acudir pero non puidestes. Está dividida en 4 partes:




Tamén vos deixamos o material que ela proxectou durante a súa charla e que estamos seguros de que vos gustará ter sempre a man.



E para rematar a xornada fixémoslle entrega dun pequeno obsequio en agradecemento pola súa desinteresada colaboración.

Grazas, Cristina!!



LEMBRADE O IMPORTANTE QUE É TOMAR UN BO ALMORZO RAPACES !!


mércores, 28 de maio de 2014

AS RECEITAS DAS MOCHILAS

Unha das actividades programadas dentro do Proxecto Integrado deste ano Papacontos Zampalibros consistía en:
  • levar para a nosa casa, dentro da Mochila Viaxeira, libros de cociña con receitas 
  • o día que tiñamos que traela de volta, debiamos traer feita unha receita dun dos libros de cociña da mochila ou dos que tiñamos na casa, elaborada xunto cos nosos pais. 
  • explicarlles aos nosos compañeiros o proceso de elaboración da receita cociñada
  • compartir e saborear as nosas receitas cos nosos compañeiros


Deste xeito, compartimos tempo de lectura coas nosas familias e tamén tempo de cociña.

Aquí tedes as fotos das algunhas das riquísimas receitas que saboreamos durante o curso.

AS RECEITAS DE INFANTIL

AS RECEITAS DE 1º CICLO

AS RECEITAS DE 3º

AS RECEITAS DE 4º

AS RECEITAS DE 5º

AS RECEITAS DE 6º

BIBLIOLARPEIRADAS

Os rapaces e rapazas de 5º queremos compartir con todos vós as nosas riquísimas receitas. 
A idea era que compartísemos cos nosos pais a elaboración dunha receita e logo desfrutar desa comida na clase cos compañeiros, despois de explicar en público o proceso de elaboración.
Con esta actividade queriamos participar no proxecto integrado deste curso PAPACONTOS ZAMPALIBROS, centrado no tema da gastronomía; traballar un tipo concreto de texto: a receita; mellorar a nosa expresión oral; e tamén  aprender a falar diante dun público.
O de falar diante dos compañeiros e que te estean gravando cunha cámara de vídeo era unha experiencia totalmente nova para nós e a algúns costounos máis que a outros, porque a vergoña, ás veces, podía con nós; outras veces tamén nos entraba a risa floxa.
Aquí tedes o resultado.
SEDE COMPRENSIVOS CON NÓS!! 
É moi difícil falarlle á cámara!






martes, 27 de maio de 2014

A NOSA HORTIÑA

Tras un longo inverno, e despois de varias inundacións no terreo no que se atopa o noso horto, coa chegada da primavera animámonos a comezar a plantación no invernadoiro. Xa sabedes todos que o obxectivo desta actividade é coñecer cómo se cultivan algúns dos produtos que consumimos habitualmente, da maneira máis natural posible e respectando o medio ambiente. Ademais, ao ser vós os encargados de plantar as diferentes especies, podedes observar como van medrando, como van florecendo e como nacen os seus froitos, que finalmente serán incluídos no menú do comedor. 
Moitas das plantas xa as coñecemos, pois veñen plantándose dende que iniciamos o proxecto dentro do Programa Voz Natura. Así, os diferentes grupos do cole fostes plantando leitugas, pementos, tomateiras, brócoli, repolos, cabaciño, cebolas, cenorias, porros... Pero este curso incorporamos tres novas plantas: as berenxenas, os chícharos e os cacahuetes. E sabedes que ocorreu? Pois que as berenxenas están fermosísimas e os chícharos tiran para arriba. Pero os señores cacahuetes non queren asomar a cabeza!!! Paréceme a min que, despois dun mes, xa non se animarán a saír... Unha mágoa, porque tiñamos todos moitísimas ganas de ver como medran e como se recollen estes exquisitos froitos. Mais seguirémolo intentando.
No patio do colexio tamén plantamos unha pereira e unha maceira!!! Tedes que coidalas moito para que poidamos probar os seus froitos cando chegue o momento!!!
E para que non esquezades ningún destes momentos, aquí vos deixamos as fotos:


 
A biblioteca recoméndavos varias lecturas para que aprendades a coidar da vosa horta.





CAILLOU: LA MAGIA DEL COMPOST
Editorial EVEREST





UN HUERTO EN CASA
Georgina Duran
Editorial Combel













LO Y LEA EN EL HUERTO
Armelle Boy
Editorial SM







¿COMO SE CULTIVAN LOS ALIMENTOS?
Colección Mi mundo
Editorial SM






UN JARDÍN PARA COMER A TU ALCANCE
Nath Tordjman
Editorial Oniro










MI PRIMERA GUÍA SOBRE EL HUERTO URBANO
Josep M. Vallés
Editorial La Galera











EN EL HUERTO, FRUTAS Y VERDURAS
Gaud Morel
Editorial Santillana








DE LA MACETA A LA CAZUELA
Deborah Lock,
Editorial SM





HORTA ECOLÓXICA NA GALICIA
Guía práctica para o cultivo
Xan Pouliquen
Baía Edicións




EL HUERTO ESCOLAR ECOLÓGICO
Montse Escutia
Editorial Graó






A NOSA HORTA
Xesús Cordeiro Budiño
Colección guías temáticas
Editorial Xerais