Este martes o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria realizou un obradoiro no cole moi interesante. Baixo o título "Programando o Universo", e coa axuda de Eloy ("Naturnova"), fixeron un pequeno repaso das características dos planetas do sistema solar: tamaños, composición, distancias, satélites, etc. Despois elixiron un planeta, puxéronlle un nome e describírono brevemente para facer unha programación empregando a aplicación gratuíta Scratch.
A verdade é que sempre desfrutades moito con estas propostas, nas que cada vez sodes máis autónomas/os. Podedes ver as fotos e algúns vídeos premendo na imaxe.
O destinatario deste obradoiro foi o alumnado de 3º a 6º de Primaria. |
Rosiña
Ningún comentario:
Publicar un comentario