Ola!!!
Como este curso cancelamos a celebración do
Entroido a modo de festival, buscamos unha actividade alternativa que divertira á cativada durante esta xornada previa ás vacacións. Por este motivo, hoxe no cole recibimos a
KOTE MALABAR, un rapaz que leva case 20 anos facendo rir e desfrutar a públicos moi diferentes en actuacións de todo tipo: festas, feiras, festivais, etc. Combinando técnicas de circo e teatro cómico conseguiu que durante esta mañá as risas foran as protagonistas entre o alumnado, o profesorado e as familias que puideron acompañarnos... E, por suposto, tamén eu botei unhas cantas... Moitas grazas, Kote, e ata outra!!!!
Apertas,
Rosiña
Ningún comentario:
Publicar un comentario