Ola!!! A semana pasada celebramos no cole o "Día do Libro", e foron varias as actividades que se realizaron. Algunhas delas, sen embargo, tiveron que agardar uns días a que estiveran finalizadas para poder compartilas con todas vós. Unha delas foi a gravación deste programa en "Radio Rosiña" que vos presento hoxe. Nel participa o alumnado, pero tamén o profesorado do centro, para o cal tivemos a sorte de poder contar coa axuda dun profesional marabilloso que nos visita cada xoves: Sergio Pascual, un dos integrantes do "Laboratorio de Radio". Esta formación que estamos recibindo forma parte do proxecto que iniciamos este curso coa ONG "Ayuda en Acción", que se desenvolve paralelamente ao de "Radio na Biblio".
Esperamos que vos guste moito (ten algunha sorpresiña!) e que sigades vendo os libros como eses amigos que sempre nos acompañan...
Unha aperta enorme,
Rosiña
Ningún comentario:
Publicar un comentario