Hoxe, 8 de marzo, celebramos o "Día Internacional da Muller", unha data moi importante que debe ser tida en conta cada día do ano se queremos conseguir a igualdade entre homes e mulleres. No cole traballamos día tras día este tema, pero para esta celebración fixemos uns traballos determinados que queremos compartir no noso blog. Hoxe chega o resultado do realizado en 3º e 4º de Primaria, no que investigaron sobre algunhas "Galegas que fixeron historia", buscando información na aula de informática, elaboraron unha ficha sobre elas que expuxeron no corredor e gravaron un programa radiofónico para facer un vídeo que lles quedou así de ben:
Mural realizado polo alumnado de 3º e 4º. |
Nas aulas de Infantil partiron do conto "¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?" . Como na maioría dos contos os príncipes visten de azul e as princesas de rosa decidiron cambiar o conto: vestiron de rosa ao príncipe e de azul á princesa, e escribiron que cousas poden facer uns e outros. Todo isto tendo en conta que non hai cores de nenos e cores de nenas, así que as persoas podemos vertirnos das cores que queiramos!!! E tamén temos a liberdade de facer as tarefas que nos gustan, así como axudar naquelas que ao mellor nos custan un pouquiño máis. Nada mellor para que entendamos todo isto que vendo as fotos que reflexan todo este traballo premendo aquí, así como o estupendo vídeo que gravaron na aula de 3 e 4 anos:
Aínda chegarán algunhas cousiñas máis, pero mentras tanto, recibide un montón de apertas,
Rosiña
Ningún comentario:
Publicar un comentario