mércores, 2 de decembro de 2020

CONVOCAMOS O "CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2020"

          Ola, rapaciños e rapaciñas!!!  

Xa pronto chega o Nadal, e aínda que este curso non celebraremos un festival como en anteriores ocasións, si que vos quero anunciar o “Concurso de Postais de Nadal”. O curso pasado voou en forma de moucho a todos os nosos fogares... E este? Levará plumas? 

Aínda que non é obrigatorio, pode ser unha boa maneira de unir a actividade ao proxecto. Sexa como sexa, estou segura de que as vosas creacións farán máis doado de levar as prohibicións que a covid nos obriga a establecer... 

Así que xa sabedes, enchede as cartolinas que vos entregaremos con ilusión, como adoitades facer. Esa cartolina irá dobrada, para que tamén poidades engadirlle algún texto, xa que este ano seguramente moitas de vós queirades envialas a aquelas persoas que non poidades ver durante as vacacións. 

O prazo para entregalas remata a vindeiro mércores, 16 de decembro. Expoñeranse no corredor e votaremos pola que máis nos guste. Haberá cinco agasallos: dous para Educación Infantil, outro para 1º e 2º, un máis para 3º e 4º e outro para 5º e 6º. A que máis votos reciba será a que se envíe a toda a comunidade para felicitar as festas do Nadal. Pode ser a túa, así que... A COMEZAR!!!

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario