As nenas e nenos de 5º e 6º andan a memorizar poemas nos que as aves son as protagonistas!!! E coma auténticos trobadores e trobadoras chegaron esta semana a Radio Rosiña para compartir con todas nós poesías de grandes escritoras e escritores. Queredes escoitalas? Aquí tedes o enlace para desfrutar deste programa de "Poemas porquiños":
Anímovos tamén a todas as persoas a memorizar poemas, xa que ademais de fortalecer a nosa memoria, tamén favorece o coñecemento doutras palabras, a expresión oral, a expresión de sentimentos, a imaxinación, etc. E é moi divertido!!!
Unha aperta!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario