A Fundación Fernando Blanco de Lema, en Cee, convocou para este curso recén rematado o "V Concurso de Debuxos".
Nesta ocasión, o tema sobre o que xirarían os mesmos eran os xogos
populares e tradicionais, e na clase de 3º e 4º animáronse rapidamente a
participar, xa que o curso pasado un dos gañadores foi Miguel Barrul,
lembrádesvos?
Pois nesta edición tamén tivemos unha persoa gañadora: NEREA Ozón Otero,
de 4º curso!!!! Que alegría, Nerea!!!! Xa sabemos que estabas moi
nerviosa o pasado sábado, día da entrega de premios, pero nas fotos o
que podemos apreciar é que estabas guapísima e moi ben acompañada!!!!
|
Nerea acompañada pola súa familia o día da entrega dos premios. |
Este foi o debuxo que presentou Nerea, no que representa a unha nena xogando á mariola, e para o cal empregou témperas, rotuladores, papel prateado e plastilina. Que bonito quedou!!!
Un exemplo máis de que, con ganas e ilusión podemos conseguir moitas cousas!!!!
Alegría e orgullo para todas as persoas que formamos parte desta etapa da túa vida. NORABOA, NEREA!!!!
Having read this I believed it was rather enlightening.
ResponderEliminarI appreciate you finding the time and effort to put
this short article together. I once again find myself personally spending way too much
time both reading and posting comments. But so what, it was still worth it!
my site doller rate
Asi me gusta Nerea sigue asi guapa nu
ResponderEliminarnca cambies sigue asi estuda moito.😎😎💓😍😍saludos desde a Brandomil.