Pois estrenamos data no calendario!!!! E contentísimas todas as persoas implicadas de poder compartilo con toda a xentiña que nos segue dende o blogue. Trátase do "Día da Radio", que se celebra o 13 de febreiro. Nesta ocasión coincidiu coas vacacións do Entroido, pero non por iso pasou desapercibido, xa que a plataforma educativa Rede Espora propuxo unha actividade moi fermosa na que nos invitou a participar. E nós, aínda que polo de agora non sabemos moito sobre este mundo máxico da radio, dixemos... SI!!!!

Aquí deixamos o enlace para que poidades escoitar e desfrutar o programa enteiro:
Ningún comentario:
Publicar un comentario