Aínda que no centro non somos moitas persoas,
tratamos de participar en todas aquelas actividades que nos parecen
interesantes e que consideramos importantes na educación dos nosos rapaces e
rapazas. Entre elas está fomentar a práctica de deporte. Xogar ao aire libre,
correr, practicar algún deporte, etc., sempre é aconsellable, por iso o profe
David vos anima curso tras curso a participar nas convocatorias de “Campo a
Través”. Ademais, practicar deportes tamén pode ser un motivo polo que viaxar, non vos parece?

Nesta primeira carreira logrou clasificarse Paula Maneiro Bergantiños, de 5º de Primaria. Para ver as imaxes e os vídeos, premede AQUÍ.
O venres seguinte celebrouse a "Fase Intercomarcal", en Noia, ata onde
viaxaron Paula Maneiro e o profe David, que representaron ao noso centro nesta
competición. Paula regresou sen medalla, pero para nós é unha CAMPIOA, estamos
moi orgullosos de que chegaras ata aquí e desexamos que o vindeiro curso volvas
ter a oportunidade de participar nesta carreira. E se vas acompañada de máis
rapaces e rapazas, mellor!!!! Pero xa sabedes que para iso hai que facer
deporte con frecuencia, entrenando e practicando é como se conseguen as cousas!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario