venres, 25 de xaneiro de 2013

Visita de Haruna Takebe, concertista de piano xaponesa ao noso cole

Ola rapaces!!

Temos que anunciarvos outra boa nova!!

      O luns día 28 de xaneiro recibiremos no noso cole a visita de  HARUNA TAKEBE concertista de piano xaponesa.

    Unha das actividades programadas dende a Biblioteca dentro do PROXECTO INTEGRADO deste curso "Onde os libres te leven", consiste nunha serie de charlas de xente doutras culturas que teña a ben visitarnos ou de xente que teña traballado noutros paises e que poida vir falarnos da súa cultura o dos seus costumes. Xa tivemos connosco a Esperanza Calvo, corresponsal de Telecinco en China, fai uns días (pronto estaremos en disposición de colgar o vídeo da súa charla) e agora temos a sorte de contar coa presencia dunha importante concertista de piano procedente de Xapón: Haruna Takebe. Imos coñecela un pouquiño mellor!

     Haruna naceu nunha pequena illa do Xapón. A súa paixón pola música e polo piano levouna a graduarse en interpretación pianística pola Toho Gakuen de Tokio. En 1999 trasladouse a Europa para ampliar a súa formación: primeiro en Alemaña onde se graduou na Universidade das Artes de Berlín, despois en Francia na L'École Nacional de Musique de Patin e logo en Holanda para obter o Master's degree de solista, música de cámara así como, de acompañante de lied baixo a dirección do profesor Willem Brons no Conservatorium van Amsterdam. A súa actividade profesional como concertista inclúe a interpretación habitual de concertos para  piano e orquestra (coa Symfonie 
Orchester Berlin na Berlin-Philharmonie ou a Takamatsu Symphony Orchestra) así como colaboracións con membros da Orquestra Filharmónica Checa. 
    En novembro de 2004 gravou un disco para o selo STH. Dende 2007 combina a interpretación coa docencia incorporándose como catedrática de Piano na Elisabeth University of Music de Hiroshima onde permaneceu ata 2009, cando decidiu trasladarse a España para compartir a súa vida co compositor, pianista e exdirector do Conservatorio Profesional de Música, David Durán, natural da capital do Santa Comba.
      Haruna considérase unha enamorada de Schubert e Debussy, pero gustaríalle tamén traballar pezas de compositores xaponeses contemporáneos.
     Pese a estar afincada en Galicia, Haruna continúa ofrecendo concertos no seu país natal. Quizá sea o seu carácter aberto e a súa convivencia con distintas culturas tan diferentes á de ela a que a levaron a non sentirse estrana en terras galegas. "La gente aquí es muy simpática y muy hospitalaria. Nunca me he sentido extraña". A súa vida ideal: "Vivir mitad en Japón, mitad en Santiago". E para sentirse un pouco máis galega, Haruna Takebe decidiu iniciarse no idioma de Castelao.  

    Pero Haruna non ven ao noso cole a falarnos de música nin do seu traballo como pianista e concertista. Ven para falarnos do XAPÓN, da súa terra, dos seus costumes, da súa cultura... E nós estamos deseosos de escoitala, claro!! E algo máis adiante intentará facer un pequeno oco na súa apretada axenda para tocar para nós!! MENUDO LUXAZO ehhh?

Xa sabedes o luns 28 ás 10:30 na Aula de Audiovisuais. ESPERAMOSVOS!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario