Esta semana que acaba de rematar (do 2 ao 9 de outubro) celebrouse a Semana Mundial da Lactancia Materna. Para conmemorar esta data queremos recomendarvos 3 libros moi especiais:
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjvumvqsNHCR3LGTtCH2PQIF5EaPJKlzW6mSEerGaup513OV74ByEB8IfpvdL3oBylS6wjt4qB7wTzxz0h0vrzyvMbiXoTJob0ZyQgHP6SlbDmc3ahNX3mIPoVdrv6I8fk9NdbSVzhyEUw/s200/89-MAXIAgal.jpg)
O primeiro deles é un libro recentemente publicado por a Editorial OQO. A súa autora chámase Charo Pita, e xa a coñecemos por outras obras que temos na biblioteca (Velliñas, Igor, O Arco da Vella). Fala dun neno pequeno que queda a cargo dun bebé que seica ten fame pero ao que non sabe como alimentar, ata que chega a nai do bebé e encárgase del do mellor xeito posible. Fermoso conto para achegar algo tan natural e "máxico" aos máis peques.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgujjRtIiwELZfQDX4VReFq41tBbmlB-qMPfnS6Ger65L7ssyGcI-QXbFtwhFzwG8TwqFhT2Rzx4faZZQ1i0dZCPHqZpr13M92wC6oJw00bDQAOHqREKN95s4koS2dvLODTAy29OSEoPvM/s200/fonte_med.jpg)
As mulleres, ás veces, inquíetanse ao saber que van a ter un bebé e mentras agardan ven o mundo con ollos distintos. Teñen ganas de ser fonte e deciden entón que o seu corpo sexa a fonte da que brote nova enerxía dando fonte ao seu recién nacido. Este fermoso libro está escrito por outra escritora galega ben coñecida por nós: Teresa Moure e ilustrado por un dos nosos ilustradores favoritos: Leandro Lamas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario