sábado, 4 de xuño de 2011

O noso conto viaxeiro: "A historia da vaca Marela"

Está claro que chegou a época de recoller os froitos dun longo curso de moito traballo, verdade? 
Despois da chegada á biblioteca de todos os proxectos documentais nos que participou todo o alumnado do centro, agora chéganos outro traballo no que tamén participaron todos os nenos e nenas do colexio. Trátase dun conto, un CONTO VIAXEIRO
A historia da vaca Marela é unha historia que se foi construíndo a medida que viaxaba por todas as aulas do noso cole. Naceu das mans dos máis pequenos do cole e rematou nas dos máis veterenos. 
Pero os nosos rapaces non só son autores desta historia, senón tamén os ilustradores xa veredes. 
Noraboa a todos por este fermoso traballo!!!
Lembrade está na biblio e podedes levalo prestado cando queirades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario