luns, 28 de xuño de 2010

IN MEMORIAN

Seguramente xa vos teredes enterado da recente desaparición duns dos escritores máis importante do último século: o premio nobel portugués JOSÉ SARAMAGO. Deixanos como herdanza a súa impresionante producción literaria. A boa literatura está de luto.
Poida que aínda sexades moi novos para coñecer a súa obra, pero cando chegue o momento removerá, cas súas palabras, a vosa conciencia e o voso compromiso co mundo que vos toque vivir. Mentres non chega o momento de ler os seus traballos, deixamosvos aquí a única historia que escribiu para nenos. Escoitaredesla da súa propia voz. O portugués é moi parecido ao galego, seguro que a endenderedes ben.

1 comentario:

  1. Noraboa Susi e compañeiros/as!!

    Inda que xa me adiantaran detalles estou sorprendidísima igualmente. Mira que traballastes...
    Os meus parabéns de novo e moito ánimo para continuar con este traballo
    Fágome fan incondicional!

    ResponderEliminar